viernes, 27 de abril de 2012

O BAILE DO ENFADO

Chega o momento de falar do ENFADO
            Esa emoción que sentimos cando cremos que un volcán está a punto de estoupar dentro de nós
PICOLINDO contounos a seu conto do ENFADO. Con esta historia aprendimos que co ENFADO podemos facer dano a quen queremos.
O ENFADO hai que paralo e nós dicímoslle "STOP"

Aprendimos que para parar o ENFADO hai tres cousas que podemos facer
  1. Ir o noso lugar favorito a estar tranquilos
  2. Respirar fondo
  3. Pensar en cousas bonitas 
CUeNTO picolindo- ENFADO

Os nen@s de 3 anos cando están ENFADADOS poñen a posición da tartaruga e buscan a maneira de relaxarse. Durante estes días traballaron coa técnica da tartaruga e inventaron un baile. 
Mirade neste vídeo como representan o BAILE DO ENFADO!!
É un deleite ver a súa naturalidade!!


Outra historia que fala do ENFADO e a de Navi e Iván. A través dun conto interacctivo onde ti deberás participar, cóntannos "Que facemos co ENFADO?"
Tod@s sentímonos ENFADADOS algunha vez. É unha emoción natural, ata Pocoyó e Pato enfadáronse algunha vez!!
Mira a súa historia!!


O ENFADO infantil é unha emoción que nos cativos destes anos prodúcese cando non conseguen algo que desexan. Esta conducta ten por obxecto afirmar a sua personalidade e demostrar o seu poder. Debemos aprenderlles os nen@s que estas conductas non son permitidas. 
Deixovos unha posibilidade que quizáis funcione... (se alguén a pon en práctica, por favor deixade comentarios)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Os teus comentarios son moi IMPORTANTES